Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de novembro de 2016 pola que se notifica o traslado ao concello para a adopción de medidas de reposición da legalidade urbanística no expediente IU3/142/2009, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o 13 de outubro de 2016, poñer en coñecemento do Concello de Palas de Rei as obras de ampliación dunha edificación tradicional, no lugar dos Valos, Lestedo, no termo municipal de Palas de Rei, para que, no exercicio das súas competencias, adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto na sección 2ª do capítulo III do título VI da LSG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Manuela García Rodríguez e José Manuel Sánchez Ascariz, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte desta publicación.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística