Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador E.S.C. 2015/11.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puidesen efectuarse realizaranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedará supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Sección Xestión), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Elena Mosteiro Catoira

E.S.C. 2015/11

Resolución de recurso de reposición

A Coruña