Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 3 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución da axuda regulada na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro), relativa ao expediente TR341D 2016/68-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda revogar a subvención e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A interesada durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 3 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: TR341D 2016/68-2.

Nome: María Jesús Domínguez Vázquez.

DNI/NIF: 33309021F.

Último enderezo coñecido: avda. Américas, 104, 5º F, 27004 Lugo.

Axuda: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

Contido do acto administrativo: resolución revogatoria da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 15 de setembro de 2016.