Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0131.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinalan no anexo para ser notificado por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0131.

Interesado: Ángel Eduardo Amado Tamborino.

Acto notificado: apercibimento.