Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54382

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Lugo (Sección Primeira - Civil)

EDICTO (620/2016).

No presente procedemento de recurso de apelación 620/2016 seguido por instancia de Ana María Lamela Cordero fronte a Faig Babayez, este último declarado en situación de rebeldía, ditouse a Sentenza 450/2016, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 450

María Zulema Gento Castro.

Darío Antonio Reigosa Cubero.

Eva Abades Macía.

Lugo, dezaseis de novembro de dous mil dezaseis.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo os autos de divorcio contencioso 403/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, aos cales correspondeu a peza de recurso de apelación (LACN) 620/2016, en que aparece como parte apelante Ana María Lamela Cordero, representada pola procuradora dos tribunais Esperanza Rodríguez Brage, asistida pola avogada María Dolores Goyanes Ferreira, e como parte apelada Faig Babayez, en situación de rebeldía procesual, e como o maxistrado relator Darío Antonio Reigosa Cubero.

Decidimos:

Desestímase o recurso de apelación formulado pola procuradora Esperanza Rodríguez Brage, en nome e representación de Ana María Lamela Cordero.

Confírmase a sentenza.

E sen efectuar unha expresa imposición das custas de alzada.

Procédase a dar ao depósito o destino previsto de conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da LOPX, se se constituíu.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ordinario ningún, sen prexuízo de que poida interpoñerse o recurso extraordinario por infracción procesual ou de casación, se concorre algún dos supostos previstos nos artigos 469 e 477 da Lei de axuizamento civil, caso en que o prazo para a interposición do recurso será o de vinte días, que se debe interpoñer ante este mesmo tribunal.

Así por esta a nosa sentenza, da que en unión aos autos orixinais se remitirá certificación ao xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E encontrándose o devandito demandado, Faig Babayez, en paradoiro descoñecido, e despois de declararse a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, mediante este edicto notifícase a Fayg Babayez o contido da anterior resolución, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 17 de novembro de 2016

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza