Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54331

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación das obras de mellora de accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez (fase II).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 4095-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: execución das obras do proxecto de mellora de accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez (fase II). c) CPV: 45233140-2; 45313200-6. d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: Vigo. f) Prazo de execución: cinco (5) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no apartado 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 834.039,03 euros (sen IVE); IVE: 175.148,20 euros.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: si; por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente. c) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

• Declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

• Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría 2 e grupo J; subgrupo 1; categoría 2.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

• Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato, executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicaranse o importe, as datas e o destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado deste.

• Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría 2 e grupo J; subgrupo 1; categoría 2.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 1 de decembro de 2016

El alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación