Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54333

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ponte de Senlle, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

Faise público para o seu xeral coñecemento que a entidade Ponte de Senlle, Sociedade Cooperativa Galega, en asemblea debidamente convocada e que tivo lugar con data do 26 de outubro do 2016, na súa sede social sita en Mos (Pontevedra), na rúa Cela-Carballeira, 27, adoptou por unanimidade, entre outros, os seguintes acordos:

Aprobar a disolución da cooperativa.

Proceder ao nomeamento de liquidador.

Facultar o liquidador para que realice as xestións necesarias para a inscrición dos acordos sinalados no Rexistro Central de Cooperativas.

A documentación relativa a estes acordos está depositada no domicilio social á disposición dos interesados.

Mos, 4 de novembro de 2016

Ricardo Fernández Pampillón
Liquidador