Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 212/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 212/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Zas Oca contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L., Acciona Infraestructuras, S.A., se ditaron as resolucións do día da data, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución de título xudicial a favor da parte executante, Manuel Zas Oca, fronte a Excavaciones Migasa, S.L., Acciona Infraestructuras, S.A., parte executada, de forma solidaria, por importe de 3.519,38 euros en concepto de principal (2.610,39 euros + 908,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 351,93 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución».

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

Requirir de pagamento ás executadas Excavaciones Migasa S.L. e Acciona Infraestructuras, S.A., co fin de que no prazo de 10 días aboen solidariamente a cantidade de 3.519,38 euros en concepto de principal (2.610,39 euros + 908,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 351,93 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresen o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0212 16), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

Requirir a Excavaciones Migasa S.L. e Acciona Infraestructuras, S.A., co fin de que no prazo de dez días manifesten unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderán ser sancionadas, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza