Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANP-PO-0046/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANP-PO-0046/2016.

Os actos foron adoptados pola directora xeral de Conservación da Natureza.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-PO-0046/2016.

Interesada: María José López Martínez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último domicilio coñecido: Bélgica, 17, 4º C, Monte Porreiro, 36162 Pontevedra.