Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se empraza o interesado no recurso contencioso-administrativo PO 235/2016 interposto por Roberto Díaz Rey.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita expediente no recurso contencioso-administrativo PO 235/2016, interposto por Roberto Díaz Rey, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de xullo de 2016, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública