Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación definitiva das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020 (Plan RehaVita).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (9 votos a favor), acordou:

Primeiro. Darse por sabida da aprobación definitiva, mediante Acordo do 27 de outubro de 2016, adoptado pola Comisión de Seguimento e Coordenación do Acordo de Adhesión ao Programa de vivendas baleiras do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020 (Plan RehaVita), das bases reguladoras deste no Concello de Ourense, segundo a redacción refundida incorporada á acta da dita sesión e remitida polo IGVS.

Segundo. Ordenar a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios municipal, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica municipal, nestes dous últimos casos acompañada do texto íntegro das bases para a súa entrada en vigor e, consecuentemente, o inicio do desenvolvemento do programa citado.

Ourense, 29 de novembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde