Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de licitación do servizo para a elaboración dun plan especial de infraestruturas e dotacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza da Constitución.

3º. Localidade: Cuntis, CP 36636.

4º. Teléfono: 986 54 80 05.

5º. Correo electrónico:contratacion@concellodecuntis.es

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante da Xunta de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=270&OR=270

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de elaboración dun plan especial de infraestruturas e dotacións.

c) Lugar de execución: Concello de Cuntis.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación que será o prezo e que se valorará cunha puntuación máxima de 100 puntos.

4. Valor estimado do contrato.

O valor estimado do contrato é de 9.180,00 euros.

Deberá indicarse o IVE en partida independente que ascende a 1.927,80 euros.

Na dita oferta entenderanse incluídos todos os gastos que, de acordo co presente prego, son por conta do adxudicatario, así como todos os custos directos e indirectos a que este teña que facer fronte para presentar a súa oferta e cumprir con todas as obrigas contractuais.

5. Duración do contrato.

O prazo de execución será de catorce (14) meses efectivos de traballo que se distribuirán do seguinte xeito:

• Borrador do plan e documento inicial estratéxico: dous (2) meses desde o asinamento do contrato.

• Documentación para a aprobación inicial: catro (4) meses a partir da entrega por parte da Administración do informe ambiental estratéxico ou documento de alcance (no caso de someterse a avaliación ambiental estratéxica ordinaria).

• Entrega do informe de contestación de alegacións: dous (2) meses desde a finalización de período de información pública e consultas, con entrega de certificación de alegacións e informes sectoriais por parte do Concello.

• Documento para a aprobación provisional, proposta de estudo ambiental estratéxico (se é o caso) e documento resumo: dous (2) meses desde a entrega do informe das alegacións.

• Documentación para a aprobación definitiva: tres (3) meses desde a entrega por parte do Concello do documento ambiental estratéxico (se é o caso) ou notificación municipal para a redacción da documentación completa para a aprobación definitiva.

• Documento refundido, se é o caso: un (1) mes desde a aprobación definitiva.

Estes prazos enténdense netos, non computables os períodos en que as administracións efectúan informes ou trámites non imputables ao contratista.

6. Solvencia técnica e económica.

A. Solvencia económica.

Volume anual de negocios por importe igual ou superior ao exixido no convite a participar no procedemento e nos pregos do contrato, acreditado mediante a achega do resumo da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado.

Trátase de que o licitador conte cos medios financeiros adecuados para o exercicio da súa actividade, moi especialmente no que se refire aos compromisos que para a execución do contrato poida contraer con terceiras persoas.

B. Solvencia técnica.

Deberase acreditar a solvencia técnica polos seguintes medios:

Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos que inclúa o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, destes. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Se é o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

Para entender cumprido o requisito de solvencia é suficiente coa presentación dun só destes certificados que acredite a realización dun servizo similar á do obxecto deste contrato.

7. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Órgano a que vai dirixida a documentación: Alcaldía do Concello de Cuntis.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Cuntis ou en calquera dos lugares a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015.

9. Apertura de ofertas.

A data e a hora publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais.

Cuntis, 10 de novembro de 2016

Manuel Campos Velay
Alcalde