Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación do servizo de vixilancia nocturna e custodia da recadación de Vigo-Zoo.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Vigo-Zoo. Nº de expediente: 7173-612.

2. Obxecto do contrato. Descrición: a prestación do servizo de seguridade e vixilancia preventiva nocturna e de recollida e custodia da recadación da billeteira nas instalacións de Vigo-Zoo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 357.838,32 € (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: non. c) Definitiva: 5% do importe do contrato exluído o IVE.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día 15 de decembro de 2016.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

Declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría 3.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

Unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría 3.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 21 de decembro de 2016.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obter de información: www.vigo.org.

Vigo, 10 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación