Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación da xestión e explotación do servizo de estacionamento regulado mediante parquímetros.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Seguridade e Mobilidade. Nº de expediente: 90514-210.

2. Obxecto do contrato. Descrición: a xestión e explotación do servizo público de estacionamentos regulados de vehículos con limitación horaria na vía pública no termo municipal de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 10 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 23.405.231,94 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día 15 de decembro de 2016.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que nos tres últimos anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior a 1.500.000 euros. b) Solvencia técnica e profesional: certificación de boa execución de estar realizando, ou ter realizado, nos últimos cinco anos, a prestación dos servizos obxecto deste contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos xestionou, polo menos, un número superior a 1.000 prazas reguladas de estacionamento.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 21 de decembro de 2016.

Documentación: a exixida nas cláusulas 13 e 14 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas, do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obter información: www.vigo.org.

Vigo, 9 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación