Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53980

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 958/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 958/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rebeca Martínez Otero contra a empresa Fotocopias Maxín, S.L.U., ditouse a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 8 de outubro de 2013 entrou neste Xulgado do Social número 1 demanda de reclamación sobre dereito e cantidades presentada por Rebeca Martínez Otero fronte a Fotocopias Maxín, S.L.U. e a súa administradora concursal.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación e, en caso de non avinza, de xuízo para o día 15 de novembro de 2016 ás 13.15 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante que estaba debidamente citado.

Fundamento de dereito único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega causa xusta que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, terase por desistido da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparece nin alega causa xusta que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza, no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal, no segundo, terano por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistida a Rebeca Martínez Otero da súa demanda sobre reclamación de dereito e cantidades fronte a Fotocopias Maxín, S.L.U. e a súa administradora concursal.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza