Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución revogatoria da axuda concedida para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro), relativa ao expediente TR341D 2016/282-2.

Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a resolución revogatoria da axuda concedida para a promoción do emprego autónomo, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante este prazo, o interesado poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 22 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2016/282-2.

Nome: Óscar López Sánchez.

DNI/NIF: 34271534Q.

Último enderezo coñecido: rúa Ourense, 7, entresollado B, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Axuda: programa para a promoción do emprego autónomo.

Orde reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

Precepto infrinxido: artigo 6.1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria, ditada o 20 de outubro de 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.