Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 199/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 199/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Paz Seoane contra Construcciones Vieiro 13, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016.

O traballador José Antonio Paz Seoane presentou escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Construcciones Vieiro 13, S.L. da obriga de readmisión, e unha vez despachado auto de execución con data do 10.11.2016, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 23.1.17, ás 13.45 horas, para a celebración da comparecencia.

– De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude. Se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

– Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos, xa que está en paradoiro descoñecido.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza