Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución da non procedencia de reintegro e peche do expediente 52/27/2008/470175 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a os herdeiros/as de María Alicia Franco Veiga nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslles que o 7 de novembro de 2016 se resolveu declarar a non procedencia do reintegro e o peche dos expedientes 52/27/2008/470175, 52/27/2009/470135 e 46/27/2009/410135.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Os expedientes atópanse, en todo caso, á disposición dos interesados no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 52/27/2008/470175, 52/27/2009/470135 e 46/27/2009/410135.

Interesados: herdeiros/as de María Alicia Franco Veiga.

Acto de notificación: resolución de non procedencia do reintegro e peche dos expedientes.

Último enderezo coñecido: Vilarmao, Castroncelos, núm. 6, 27388 A Pobra de Brollón (Lugo).