Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de novembro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono do barco Facuca, con matrícula 3ª-VI-4-5514.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Juana Dacosta Dacosta, con NIF 78733777, o acordo do presidente de Portos de Galicia do 3 de novembro de 2015, que inicia procedemento para a declaración de abandono do barco Facuca, con matrícula 3ª-VI-4-5514, atracado no pantalán pesqueiro do porto de Cangas (Pontevedra), que foi devolto polo servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo emítese por atoparse a embarcación atracada sen actividade, en estado de abandono e sen aboar taxas, e con perigo de afundimento, segundo o establecido nos artigos 302 e 304 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e cos efectos establecidos neles.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3, alíneas a) e l), da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de Portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia.

A interesada dispón dun prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

O expediente completo para o seu exame e consulta está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, nº 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia