Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-RI-0160/2015-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-RI-0160/2015-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 16 de novembro de 2016

O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 19.11.2015)
Beatriz Alonso de la Iglesia
Xefa do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-RI-0160/2015-PPM.

Persoa interesada: José Miguel Mos Orellán.

Acto de notificación: resolución.

Última dirección coñecida: Escorial 13-1º C, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0150/2016-PPM.

Persoa interesada: Gregorio Amaya Jiménez.

Acto de notificación: resolución.

Última dirección coñecida: Luis Rodríguez Lago 7º B, A Coruña.