Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro) para seren notificados por comparecencia do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), aos propietarios da zona de concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro, A Coruña) que se citan no anexo, para seren notificados do acordo de concentración parcelaria da devandita zona.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, con independencia de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

A Coruña, 22 de novembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: acordo de concentración da zona de Foxás-Bendaña
(Touro, A Coruña)

Interesados:

María del Carmen Cabanas Carlín

Manuela Canabal Rendo

Manuel Jesús Caneda Rendo

David Carlín Rodríguez

Rosa María Carneiro Rey

Francisco Daniel Fernández Becerra

Dolores Fernández Caldelas

Carmen Iglesias Souto

María Josefa Leal López

Jesús Pajaro Barral

María Pajaro Barral

Avelino Rendo Barreiro

Laura Rendo García

Esclavitud Rendo Vilela

Alfonso Trasar Suárez

Isabel Trasar Suárez

Francisca María López Villar

Isabel Martínez Lamas

Constructora Santiso y Quinteiro, S.L.

María Luisa Rendo Iglesias

Agustín Gago Míguez