Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental para o proxecto dunha explotación avícola de ceba no lugar de Don Xulián, no concello de Xinzo de Limia (Ourense). Titular: José Luis Rodríguez Carrera (clave 2016/0047).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de explotación avícola de ceba, promovida por José Luis Rodríguez Carrera, nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental

%2FAvaliacion_impacto_ambiental_proxectos

%2FSeccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_proxectos%2Fdinamico

%2Flistado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica%2F&clase=Xestion%2FProxecto_aap

%2FTipo_proxecto%2FIP_AIA_ordinaria%2F

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental