Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica, por modificación substancial, e se refunde o texto dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

– Resolución do 14 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica, por modificación substancial, e se refunde o texto da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2006/0343_NAA/IPPC_123.

Instalación: planta para elaboración de tensioactivos e química fina

Trámite: modificación substancial da autorización ambiental integrada. Texto refundido

Titular: Arteixo Química, S.L.U.

Expediente 2015-IPPC-M-69

Localización: concello de Arteixo

Data: 14.9.2016

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental