Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 2012/142).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L.

Domicilio social: avenida Linares Rivas, nº 44, 21 C, 15005 A Coruña.

Denominación: CT A Igrexa.

Situación: As Somozas.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 6/20 kV, cunha lonxitude de 44,22 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×95 Al/54,6 mm2 Alm, con orixe no paso aéreo-soterrado que se vai instalar no apoio existente nº 7 da LMT subderivación A Igrexa (expediente 52.480) (coordenadas UTM X: 585.772, Y: 4.817.330).

Centro de transformación prefabricado de potencia 250 kVA, con relación de transformación 20-6/0,4-0,23 kV, que se vai instalar no lugar da Igrexa, no concello das Somozas (coordenadas UTM X: 585.796, Y: 4.817.309).

Reforma da rede de baixa tensión existente, con orixe no CT A Igrexa mediante tres circuítos soterrados, cunha lonxitude total de 40,22 m con condutor XZ1 1×(4×150) mm2 Al, e final en dous pasos aéreo-soterrados onde se conectará coa rede aérea existente, e instalaranse 30,45 m de condutor RZ 3×150 Al/80 Alm+ 3×95 Al/54,6 Alm e tres novos apoios.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña