Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de novembro de 2016 pola que se notifica requirimento do 27 de outubro de 2016 de retirada de vehículo, con matrícula 2024CWM, abandonado no dominio público portuario do porto do Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Miguel Ángel Pedre Díaz, con DNI 34883637, como propietario do vehículo-camión marca Iveco, con matrícula 2024CWM, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo a Acta do 18 de maio de 2015, levantada polo celador gardapeiraos responsable do porto do Burela, á cal se xuntan fotografías, na zona portuaria de Burela atópase estacionado desde hai seis meses en estado de abandono o vehículo antes citado.

Considerando o exposto, e xa que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese a titular para que nun prazo máximo dun mes, contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Burela.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia