Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53681

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (258/2016).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 258/2016, seguido por instancia de Rosa Sangil Álvarez contra Jonathan Neira Arias, con último domicilio coñecido en Sarria, sobre reclamación de cantidade, en que consta sentenza do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Sarria, 16 de setembro de 2016.

Vistos por Montserrat Blanco Piñeiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 258/2016, sobre exercicio de reclamación de cantidade, seguidos por instancia de Rosa Sangil Álvarez, representada pola procuradora Sra. Abella García e asistida polo letrado Sr. Soto Carballada, fronte a José Jonathan Neira Airas, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Abella García, en representación de Rosa Sangil Álvarez, fronte a Jonathan Neira Arias e, en consecuencia, condeno a Jonathan Neira Arias a que indemnice a Rosa Sangil Álvarez coa cantidade de catorce mil noventa e oito euros con oitenta e seis céntimos (14.098,86 euros), máis os xuros legais conforme se establece no fundamento de dereito terceiro da presente resolución.

As custas procesuais impóñenselle á parte demandada.

Dedúzase testemuño literal da presente resolución, que quedará nestas actuacións, e o orixinal incluirase no libro das da súa clase.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo, e que se deberá interpor ante este xulgado, de ser o caso, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma a Johathan Neira Arias, expido e asino este edicto.

Sarria, 7 de outubro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza