Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso de reposición RR/O/2016/00021, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Francisco González Martínez, en representación de Áridos de Salvaterra, Sociedad Coop. Limitada, co último domicilio coñecido na parroquia de Oleiros, s/n, concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra), a solicitude de acreditación da representación do recurso de reposición número RR/O/2016/00021, formulado contra a resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do expediente sancionador sanc/21/15, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este non ten un requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal e como é que, para interpoñer recursos, se deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto requíreselle para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade; remitíndoo á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Secretaría Xeral Técnica, Servizo Técnico-Xurídico, San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lembrarlle que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda