Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de novembro de 2016, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lle dá audiencia á interesada no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin se exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo para que, no prazo de quince (15) días, poida efectuar as alegacións que considere pertinentes. Poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 23 de novembro de 2016

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Dalia.

Signatura: V-PO-002497.

Razón social: Dalia Vila Pérez.

Enderezo: Torneiros, Relva.

Concello: O Porriño.