Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (479/2016).

Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 479/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Cambiazo de Pedro contra Rocha y Blanco, S.L. e outros dous máis, sobre despedimento, expediuse a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 479/2016.

Persoa que se cita: Raúl Antonio Rocha Amor, María Dolores Blanco Sánchez, Rocha y Blanco, S.L., como partes demandadas.

Obxecto da citación: asistir nesa condición aos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intenten valerse e, tamén se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar ás preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que deben comparecer: deben comparecer o día 18.1.2017 ás 11.25 horas, na planta 4, Sala 9, Edificio dos Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 18.1.2017 ás 11.25 horas na planta 4, Sala 9, Edificio dos Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais.

1º. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (art. 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Despois de solicitarse o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica deben facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (art. 155.5, parágrafo 1º, da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales é convocado (art. 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder de quince días.

Lugo, 23 de xuño de 2016.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Rocha y Blanco, S.L., expídese o presente.

Lugo, 10 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza