Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (291/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 291/14 por instancia de Pedro Pablo Ación López contra a empresa Avipaco, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 3 de novembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Pedro Pablo Ación López fronte á empresa Avipaco, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e en consecuencia, condénase a empresa Avipaco, S.L. a aboar a Pedro Pablo Ación López a cantidade de catro mil cincocentos corenta euros con corenta e cinco céntimos de euro (4.540,45 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Avipaco, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 10 de novembro de 2016

A secretaria xudicial