Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2016/264-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: cambio LMTS e celas do CT Ponte Barxas.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 174 m con condutor RHZ1 12/20 kV, con orixe no apoio metálico existente na LMT FRI803 con PAS e remate na cela de liña proxectada no CT Ponte Barxas.

LMT subterránea a 20 kV de 125 m con orixe na cela de liña do CT existente e remate no apoio metálico existente na saída FRI803.

Instalación de grupo modular de 3 celas (2L+1P) no CT Ponte Barxas (32CH75) de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 40.810,47 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 7 de novembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense