Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53523

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 92/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 92/2016 do xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Vázquez Teo contra a empresa Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. (Esmega, S.L.), se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Estruturas Metálicas Gallegas, S.L. (Esmega, S.L.) e o Fogasa en situación de insolvencia total por importe de 6.340,78 euros, en concepto de salarios de tramitación, máis 634,07 euros calculados provisionalmente de custas e gastos de execución.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0092 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo concepto deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0092 16”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estruturas Metálicas Gallegas, S.L. (Esmega, S.L.), en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza