Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (206/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 206/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou auto no día da data cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Rosario Sobrido Pando, fronte a Limpezas Secope, S.A., Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, parte executada, en forma solidaria, por importe de 26.495,35 euros en concepto de principal (17.040,72 euros de indemnización + 4.605,60 euros de salarios de trámite + 4.719,72 euros de salarios debidos + 129,31 euros de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 2.649,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope SA, Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza