Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (448/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 448/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Sara Penedo Albán contra José Ángel González Álvarez, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda interposta por Sara Penedo Albán e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento efectuado á parte demandante e condeno o demandado José Ángel González Álvarez a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: A) Á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (22.4.2016) ata que a readmisión teña lugar; B) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente, salvo erro ou omisión, a 361,46 euros; máis a cantidade de 366,67 euros en concepto de liquidación e finiquito. Condénase o demandado a aboarlle os gastos de honorarios de asistencia letrada á demandante ata o límite legal; todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo acredite, a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público de seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Ángel González Álvarez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza