Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de novembro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/282/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de setembro de 2016, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción de dúas edificacións para uso residencial, no lugar de Sambade, no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Benedicto Manuel Tajes Bermúdez e a María Rodríguez Álvarez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística