Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53063

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de novembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 2 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas efectuadas polas entidades colaboradoras desta consellería para a realización de actividades de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2016.

O 14 de setembro de 2016, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 2 de setembro pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas efectuadas polas entidades colaboradoras desta consellería para a realización de actividades de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2016.

O artigo 20.1 da dita orde regula o prazo para xustificar a subvención, con data límite do 30 de novembro de 2016, agás casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario.

Pola novidade no procedemento MR204A regulado pola Orde do 2 de setembro de 2016 e a complexidade da tramitación das solicitudes presentadas, o prazo recollido no artigo 20.1 desta orde pode non ser suficiente para cumprir co establecido nas bases reguladoras desta.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concurrente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 2 de setembro de 2016 (DOG núm. 175, do 14 de setembro) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas efectuadas polas entidades colaboradoras desta consellería para a realización de actividades de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o año 2016.

Un. Modifícase o número 1 do artigo 20, que queda redactado da seguinte maneira:

«A entidade beneficiaria xustificará a subvención, con data límite do 16 de decembro de 2016, agás casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural