Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución da axuda regulada na Orde do 29 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro), relativa ao expediente TR341J 2016/72-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 16 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341J 2016/72-2.

Nome: Jonathan Rodríguez Campos.

DNI/NIF: 34286361P.

Último enderezo coñecido: rúa Aquilino Iglesias Alvariño, 10, bl. A, 6º B, 27004 Lugo.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 24 de outubro de 2016.