Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada para o programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño), relativa ao expediente TR349C 2014/246-2.

Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada para o programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 16 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: TR349C 2014/246-2.

Nome: Transportesgonromy, S.L.

DNI/NIF: B27446715.

Último enderezo coñecido: rolda da Muralla, 68, baixo, 27002 Lugo.

Contido da resolución: resolución ditada o 22 de setembro de 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, de non concesión da axuda ou subvención solicitada, de acordo coa Resolución do 21 de maio de 2014, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario.