Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2016/233-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA POR707 e CTI Bustelo.

Situación: Silleda.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV con conductor LA-56 en dous tramos:

1. 12 metros; orixe: apoio proxectado C-2000/16 baixo a traza da LMTA existente, no tramo POR7074904; final: centro de transformación intemperie (CTI) existente Curbeira.

2. 421 metros; orixe: apoio proxectado C-2000/16; final: CTI proxectado Bustelo.

Centro de transformación intemperie de 100 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no lugar de Bustelo, Escuadro, Silleda.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo de 2016, no Boletín Oficial de la provincia do 1 de agosto de 2016, no xornal Faro de Vigo do 28 de xullo de 2016 e no taboleiro de anuncios do concello de Silleda. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria.

Neste sentido, o 8 de setembro de 2016, Nélida Collazo Villanueva rexeitou a notificación efectuada por esta xefatura territorial, polo que segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, vixente nesa data, se ten por efectuado o trámite e se continúa o procedemento.

Durante o trámite de información pública recibiuse a siguinte alegación:

Con data do 20 de xullo de 2016 José Maceira Froiz presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación co expediente IN407A 2016/233-4 LMTA POR707 CTS Bustelo-Silleda.

Con data do 24 de agosto de 2016, Unión Fenosa Distribución, S.A. remite contestación á alegación presentada por José Maceira Froiz.

Unha vez examinados os ditos escritos, conclúese que:

Procede a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento.

A valoración económica dos bens afectados forma parte do procedemento expropiatorio, nas súas fases de levantamento de actas previas á ocupación, prezo xusto e pagamento, que se tramitará una vez que sea declarada a utilidade pública da instalación.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 27 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra