Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANI-PO-0011/2016 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos procedementos ANI-PO-0011/2016 e catro máis.

Os actos foron adoptados pola directora xeral de Conservación da Natureza.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANIPO0011/2016.

Interesada: María Gómez Iglesias.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Camiño dos Vilares, 21, 1º esq., 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.

Expediente: ANPLU0036/2016V.

Interesado: Lahbib Memdaqui.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Serra Gañidoira, 55, 3º D, Lugo.

Expediente: ANPLU0038/2016.

Interesado: Javier Álvarez López.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Lousadela, 7, 27000 Sarria, Lugo.

Expediente: ANPLU0045/2016V.

Interesado: Rubén Fernández Arias.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: Otero Pedrayo, 20, 6º A, Lugo.

Expediente: ANIPO0012/2016.

Interesada: María Josefa Rosario López.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: lugar San Xoán, 2, 36658 Portas, Pontevedra.