Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de novembro do 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANI-PO-0034/2016 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos/as interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos procedementos ANI-PO-0034/2016 e dous máis.

Os actos foron adoptados pola directora xeral de Conservación da Natureza.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANI-PO-0034/2016.

Interesado: José Manuel Sanmartín Tilve.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último domicilio coñecido: Fragas, Gargallóns, 3, 36110 Campo Lameiro, Pontevedra.

Expediente: ANP-LU-0029/2016.

Interesado: Jesús Fernández Ribadas.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último domicilio coñecido: Camiño Real, 108, 3º, Lugo.

Expediente: ANP-LU-0028/2016.

Interesada: Ana María Viéitez Rodríguez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último domicilio coñecido: San Fiz de Cangas-Arribada, A Bouza, 9, 27430 Pantón, Lugo.