Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (929/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 7 de novembro de 2016, no proceso seguido por instancia de María Dolores Otero Nieto contra Confeccións Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., rexistrado co número PO 929/2014, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 7 de novembro de 2016 ditado no procedemento a Confeccións Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Aprobar a conciliación alcanzada entre as partes nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

– Ter a parte demandante por desistida da demanda presentada fronte a Confeccións Busto Lope, S.L.

– Arquivar as actuacións.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación a Confeccións Busto Lope, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A secretaria xudicial