Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (992/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 992/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes García Gundín contra Zara España, S.A., Confecciones Busto Lope, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Hampton, S.A. e Inditex, S.A., foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo: Aprobar a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Ter por desistida a parte demandante da demanda presentada a Confecciones Busto Lope, S.L, Inditex, S.A. e Zara España, S.A.

Arquívense as actuacións».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza