Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52759

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento.

O 10 de outubro de 2016, tras a oportuna negociación, subscribiuse entre o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras e o propietario das parcelas coas referencias catastrais 4484909PG6948S0001QJ e 5084101PG6948S0001AJ o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento co que o concello pretende obter de forma gratuíta a propiedade de 486 metros cadrados que se precisa para a execución de parte dunha infraestrutura.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado, nas dependencias municipais do Concello do Barco de Valdeorras, por calquera interesado, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

O Barco de Valdeorras, 21 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 14.10.2016)
Aurentino Alonso Araújo
Primeiro tenente de alcalde