Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración de diverso equipamento electromédico para esta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-16-018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de diverso equipamento electromédico para a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) Lotes (se é o caso): cinco lotes.

Lote 1: sistema de anestesia; lote 2: ecógrafo oftalmolóxico; lote 3: equipo de dermatoscopia dixital; lote 4: equipo de electromiografía e potenciais evocados; lote 5: torre de endoscopia ORL.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33172100-7; 33124120-2; 33166000-1; 33121300-7 e 33168000-5.

e) Acordo marco (se é o caso): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se é o caso): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOG nº 148, do 5 de agosto de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 177.270 €.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe sen IVE: 177.270 €.

– Importe con IVE: 214.496,70 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24 de outubro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

c) Contratista:

Lote 1: General Electric Healthcare España, S.A.U.; lote 2: W.M. Bloss, S.A.; lote 3: Techderma, S.L.; lote 4: Almevan, S.L.; lote 5: Olympus Iberia, S.A.U.

d) Importes ou canones de adxudicación:

Lote 1. Importe adxudicado: 27.000 € sen IVE; 32.670 € con IVE.

Lote 2. Importe adxudicado: 33.000 € sen IVE; 39.930 € con IVE.

Lote 3. Importe adxudicado: 36.500 € sen IVE; 44.165 € con IVE.

Lote 4. Importe adxudicado: 33.500 € sen IVE; 40.535 € con IVE.

Lote 5. Importe adxudicado: 43.790 € sen IVE; 52.985,90 € con IVE.

Ferrol, 3 de novembro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol