Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52665

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se declara de interese galego e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Kertor.

Advertidos erros na Resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 141, do 27 de xullo de 2016, realízanse as correccións oportunas.

– Na páxina 32931, nos puntos 2 e 3, onde di:

«2. A Fundación Kertor foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela (A Coruña), o 27 de xaneiro de 2016, ante o notario Antonio Fernández Naveiro, co número de protocolo 91, por María Isabel Loza García, Ángel María Carracedo Álvarez, José Arnau Sierra, Marta Recarey Fernández e José María Ribas Ruíz, que actúan no seu propio nome e dereito; e Juan Viaño Rey, que actúa en nome e representación da Universidade de A Coruña.

3. A Fundación Kertor, segundo establece o artigo 6 dos seus estatutos, terá fins científicos sanitarios e de impulso da economía social e produtiva de Galicia, co obxecto de captación e coordinación de recursos económicos, humanos e materiais ao longo do ciclo da vida de cada proxecto».

Debe dicir:

«2. A Fundación Kertor foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela (A Coruña), o 27 de xaneiro de 2016, ante o notario Antonio Fernández Naveiro, co número de protocolo 91, por María Isabel Loza García, Ángel Carracedo Álvarez e José Arnau Sierra, que actúan no seu propio nome e dereito.

3. A Fundación Kertor, segundo establece o artigo 6 dos seus estatutos, terá fins científicos, sanitarios e de impulso da economía social e produtiva de Galicia, co obxecto de xestión, execución e impulso de programas de descubrimento de fármacos».