Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52666

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016 pola que se procede á publicación da relación dos beneficiarios e o importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 8 da Orde do 15 de marzo de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2016, procédese á publicación dos adxudicatarios e o importe das bolsas.

Obxecto da axuda: as bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais.

Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

As bolsas terán unha duración de seis meses (6) contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura de acordo co centro de destino.

As bolsas poderán ser prorrogables automaticamente ata outros 6 meses (6) en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017.

Norma reguladora: Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 6 de abril).

Crédito orzamentario: 107.406 € (cento sete mil catrocentos seis euros) recollido na aplicación orzamentaria 10.20.432A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Beneficiarios: os beneficiarios e o importe das bolsas figuran no anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir da data de notificación desta aos interesados ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a data de notificación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO0
Relación de adxudicatarios e importe das bolsas de arquivos

Orde

Apelidos e nome

Puntos

Destino

Importe bruto mensual

1

María Olga Loureiro Fontenla

8,95

Arquivo de Galicia

895,05 €

2

Rocío Botana Iglesias

6,75

Arquivo de Galicia

895,05 €

3

Benito Ramírez Abal

6,50

Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

895,05 €

4

David López-Villalta Lozano

4,85

Arquivo do Reino de Galicia

895,05 €

5

Eva Penedo Vázquez

4,35

Arquivo de Galicia

895,05 €

6

Anastasio Santos Iglesias Blanco

4,25

Servizo do Sistema de Arquivos de Galicia

895,05 €

7

Uxío Méndez Pazos

3,75

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

895,05 €

8

Pilar Suárez Martínez

3,75

Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Vigo

895,05 €

9

Elena Rial Martínez

3,60

Arquivo Municipal de Curtis

895,05 €

10

Rubén Castro Redondo

3,50

Arquivo Municipal de Cee

895,05 €

11

Sara Rodríguez Souto

3,50

Arquivo Xudicial da Coruña

895,05 €

12

Beatriz Bermúdez Blanco

3,50

Arquivo Municipal de Pontedeume

895,05 €

13

María América Díaz Pampín

3,50

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

895,05 €

14

María del Mar Lemiña Lemus

3,50

Arquivo Xudicial de Pontevedra

895,05 €

15

Paula Vázquez Ramos

1,50

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

895,05 €

16

Ana García Diéguez

1,35

Arquivo Xudicial de Ourense

895,05 €

17

Sabela Pindusa Martínez Rodríguez

1,25

Arquivo Municipal de Sober

895,05 €

18

Marta Fernández García

1,20

Arquivo Xudicial de Lugo

895,05 €

19

Lucía Pedreira Sánchez

1,00

Arquivo Municipal de Viana do Bolo

895,05 €

20

Jorge García Sánchez

0,60

Arquivo Municipal do Valadouro

895,05 €