No BOP de Pontevedra nº 197, do 14 de outubro de 2016, publicáronse integramente as bases aprobadas por Resolución desta alcaldía do 13 de maio de 2016, para a cobertura, por promoción interna, como funcionario de carreira, dunha praza de oficial da Policía local, vacante no cadro de persoal para o ano 2016, aprobada con carácter definitivo pola Xunta de Goberno Local en sesión do 29.2.2016 e publicado no BOP nº 45, do 7.3.2016.
O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Vilagarcía de Arousa, 28 de outubro de 2016
Alberto Varela Paz
Alcalde presidente