Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52628

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra número 81/16/2016 de reparación do depósito de auga tratada número 2 da estación de tratamento de augas potables (ETAP) do Alto do Cumial e renovación da impulsión desde Campo dos Remedios, tramo da travesía das Curuxeiras, no concello de Ourense.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra nº 81/16/2016, reparación do depósito de auga tratada nº 2 da ETAP do Alto do Cumial e renovación da impulsión desde Campo dos Remedios, tramo da travesía das Curuxeiras, no concello de Ourense, cun tipo de licitación de 519.620,90 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente (988 31 75 48) ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 8 de novembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense