Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (396/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 396/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Lestido Gerpe contra Servanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 28 de outubro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Rosario Lestido Gerpe, asistida pola letrada Sra. Deza Moldes, contra a entidade Servanza, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 456,29 € en concepto de indemnización por fin de contrato, máis os xuros do artigo 1108 do CC, calculados desde a data do cesamento ata a data da presente resolución sobre a dita cantidade, e a suma de 940,64 € (líquidos) en concepto de salario base e p.p. de extra (liquidación e quitanza), máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, ademais dos xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza